20 de nov. de 2010

1º Concurso de Microrrelatos.


Sabes que é posible crear mundos imaxinarios con tan so 7 palabras?
Tes 5 minutos da túa atarefada vida para ler un puñado de "Microrrelatos"?

"O soño" de Luis Mateo Díez.
Soñei que un neno comíame. Espertei sobresaltado. Miña nai estábame lambendo. O rabo aínda tremeume durante un rato.

"O home invisible" de Gabriel Jiménez Emán.
Aquel home era invisible, pero ninguén se deu conta" 

Un crente.
Ao caer a tarde, dous descoñecidos encóntranse nos escuros corredores dunha galería de arte.
Cun lixeiro calafrío, un deles dixo:
-Este lugar é sinistro. Usted cre en pantasmas?
-Eu non-respondeu o outro-. E vostede?
-Eu sí- dixo o primeiro. E desapareceu.

A Chamada
O último home sobre a terra estaba só no seu cuarto. Petaron na porta...

"Impulsiva"
Entre as moitas virtudes de Dona Blanca non figuraba a paciencia: non estaba disposta a perdonarlle a Paco esa nova infidelidade.
Teño- díxose mentres facía a maleta- oitenta e seis anos e toda unha vida por diante.

"Blade Runner" 
O replicante buscou inútilmente o seu embigo e entendeuno todo.

"A vida"
-A túa risa dame medo -dixo Luisa mirando a Raúl fixamente aos ollos.
-Antes gustábache -contestoulle Raúl.
-Antes estábamos vivos -replicoulle Luisa mentres se perdían na néboa infinita do camposanto.

Lánzate a escribir.


1. Poderá participar toda persoa que desexe poñer a proba a súa imaxinación.
2. Cada participante poderá entregar un máximo de 3 microrrelatos.
3. A data límite de entrega será o 15 de Decembro.
4. O xurado escollerá un gañador por ciclo.
5. Premiarase a expresividade, creatividade e orixinalidade.
6. Os premiados recibirán un libro de microrrelatos.



Na mesa da entrada da biblioteca encontraredes papeis para escribir os vosos microrrelatos.

2 de nov. de 2010

Especial defuntos."Os defuntos falaban castelao"

Curtametraxe de animación en plastilina baseada nun relato de Ánxel Fole.
Está realizada por Virginia Curia e Tomás Conde.