15 de dec. de 2011

A roda dos rebolos en comic

Solucionado o 1º Enigma do Señor Tomoski.
Estes son algúns dos cómics que se presentaron ao concurso. Tratábase de transformar en cómic un texto que narraba a lenda da "Roda dos rebolos".




13 de dec. de 2011

6 de dec. de 2011

O NADAL ESTÁ AQUÍ

...E iso nótase no ambiente.
Vai á pestana "Nadal" na cabeceira e busca o que che interese.


4 de dec. de 2011

17 de Decembro e Charles Dickens

O 17 de Decembro,de 1843, Charles Dickens publica a súa obra 
"Un conto de Nadal" "A Christmas carol"


O protagonista é o señor Ebenezer Scrooge, un home avarento e tacaño que non celebra a festa de Nadal debido á sua vida solitaria e á súa adicción ao traballo. 
Non lle importan os demais, so os negocios e o diñeiro.
Unha noite, en vésperas de Nadal, Scrooge recibe a visita dunha pantasma que resulta ser a do seu mellor amigo e socio, Jacob Marley, que morriu fai sete anos. A pantasma cóntalle que por ter sido avarento en vida, arrastra por toda a eternidade unha longa e pesada cadea.
Di que ven para anunciarlle a Scroogel que xa chegou ao límite das maldades posibles e que de seguir así terá que arrastrar unha cadea ainda mais longa que a súa o resto da eternidade.

21 de nov. de 2011

Día da Constitución española


A Constitución española foi ratificada en referendum o 6 de Decembro de 1978, sancionada polo rei Juan Carlos l o 27 de Decembro e publicada no BOE (Boletín oficial do estado) o 29 de Decembro do mismo ano.

Para mais información acode á pestana da cabeceira.

Concurso de Microrrelatos.

Sabes que é posible crear mundos imaxinarios con tan so 7 palabras?
Tes 5 minutos da túa atarefada vida para ler un puñado de "Microrrelatos"?

"O soño" de Luis mateo Díez.
Soñei que un neno comíame. Espertei sobresaltado. Miña nai estábame lambendo. O rabo aínda tremeume durante un rato.

"O mome invisible" de Gabriel Jiménez Emán.
Aquel home era invisible, pero ninguén se deu conta" 

"Eustace"de Tanith Lee.

Amo a Eustece a pesar de que me lava corenta anos, é totalmente mudo e non ten ningún dente. Dame igual que Eustace estea completamente calvo, agás eses pelos que lle asoman entre as dedas dos pés, que ao andar se lle marque a corcoba e ás veces caia no medio da rúa.
Se emite ruidos agudos coma silbidos ou se mirdisquea coa boca sen destes o sofá, se dorme no xardín... eu acepto todo coma cousas normais. Porque  amo a Eustace.
 Amo a Eustace porque é o único home do mundo a quen non lle importa que eu teña tres pernas.

Un crente.
Ao caer a terde, dous descoñecidos encóntranse nos escuros corredores dunha galería de arte.
Cun lixeiro escalofrío, un deles dixo:
-Este lugar é siniestro. Usted cre en pantasmas?
-Eu non-respondeu o outro-. E vostede?
-Eu sí- dixo o primeiro. E desapareceu.

A Chamada
O último home sobre a terra estaba só no seu cuarto. Petaron na porta...


"Impulsiva"
Entre as moitas virtudes de Dona Blanca non figuraba a paciencia: non estaba disposta a perdonarlle a Paco esa nova infidelidade.
Teño- díxose mentres facía a maleta_ oitenta e seis anos e toda unha vida por diante.

Blade Runner 
O replicante buscou inútilmente o seu embigo e entendeuno todo.

"A vida"
-A túa risa dame medo -dixo Luisa mirando a Raúl fixamente aos ollos.
-Antes gustábache -contestoulle Raúl.
-Antes estábamos vivos -replicoulle Luisa mentres se perdían na néboa infinita do camposanto.









Lánzate a escribir.

13 de nov. de 2011

6 de out. de 2011

Axudantes de biblioteca

O Sr. Tomoski precisa axudantes.

Requisitos indispensables:Ningún en particular, agás rematar os traballos de clase a tempo para poder baixar puntual.
Os admitidos recibirán comunicación por escrito.
Deixade a vosa solicitude na caixa de correos da biblioteca.

Obradoiro de contacontos

Martes na biblioteca.

Cursos: 5º e 6º preferentemente.
Actividade: 
Elaboración de material que nos axude a contar contos aos mais pequenos.
Materiais:
Cartolinas, papel,revistas, pegamentos e tesoiras, material de pintura, teas... e unha mente aberta.

Non é preciso ser un artista.

26 de set. de 2011

Parabens, Agustín

O curso pasado adicamos boa parte das actividades e lecturas a este fenomenal escritor.
Agora ven de recibir un premio mais á sua obra.
E mais que virán.

http://lij-jg.blogspot.com/2011/09/agustin-fernandez-paz-vii-premio.html

4 de set. de 2011

Libros de folla perenne na biblioteca


Este curso vémonos na fraga. 
2011 é o ano internacional dos bosques, unha ocasión importante para reivindicar entre os lectores e lectoras o seu coidado e preservación.
As follas dos libros osixenan as mentes, as súas letras son como sementes de novos pensamentos e a sombra das aúas follas protéxenos.
Este curso recorreremos sendeiros cambiantes deixando pegadas borrosas que outros poderán seguir.
Adentrádevos na fraga de Cecebre da man de Wenceslao Fernández Flórez e deixádevos guiar pola maxia dos seus habitantes.

2 de xuño de 2011

6 de abr. de 2011

Camiño de Santiago III



A mediados do ano 1100, o Mestre Mateo, por encargo do rei Fernando II de León comezou a construción xunto cun grupo de canteiros, do Pórtico da Gloria.
Durante 20 anos o Mestre Mateo e os seus colegas de profesión traballaron no que sería unha das obras do románico mais importantes de toda Europa.
No Pórtico relátase a historia da humanidade contada pola igrexa católica e foi feita para os peregrinos do século XII que se achegaban a Santiago en busca de solucións aos seu problemas e dúbidas existenciais.
Mais de 200 figuras dispóñense nos tres arcos e os seus apoios. Estas figuras, 800 anos despois, ainda conservan restos da súa policromía orixinal.
Gracias á Fundación Barrié de la Maza que se está encargando da sua restauración, poderemos ver esta xoia do románico tal e como a viron os homes e mulleres do século XII.


Resolve agora os Enigmas do Sr. Tomoski

Aquí podedes ver o Pórtico da Gloria de cerca:

12 de mar. de 2011

Agustín Fernández Paz está nominado.

Agustín Fernández Paz foi proposto pola Organización Española para o libro infantil (OEPLI) para o premio Andersen que outorga un organismo de Dinamarca e que é coma o Nóbel de literatura infantil e xuvenil.
Concédese cada dous anos como recoñecemento ao conxunto da obra do autor proposto.
O fallo do xurado farase público na feira do libro de Bolonia de 2012 e a entrega do premio será en Londres o mismo ano.




Agustín fernández Paz é un autor moi galardoado, posue entre outros:
-O premio nacional de literatura por "O único que queda é o amor".
-O premio Lazarillo por "Contos por palabras".
-O premio merlín por "As flores radiactivas".
-O premio Raíña Lupa por "Cos pés no aire"


Os lectores e lectoras de Agustín desexamos que este premio chegue ás suas mans, para poder compartilo con el.

16 de xan. de 2011

O camiño de Santiago II


Agora que xa temos os restos do apóstolo Santiago en Compostela, empezan as grandes peregrinacións á cidade desde case toda Europa.
Observa este video para poder responder a unha das preguntas dos "Enigmas do Sr. Tomoski".