15 de dec. de 2011

A roda dos rebolos en comic

Solucionado o 1º Enigma do Señor Tomoski.
Estes son algúns dos cómics que se presentaron ao concurso. Tratábase de transformar en cómic un texto que narraba a lenda da "Roda dos rebolos".




13 de dec. de 2011

6 de dec. de 2011

O NADAL ESTÁ AQUÍ

...E iso nótase no ambiente.
Vai á pestana "Nadal" na cabeceira e busca o que che interese.


4 de dec. de 2011

17 de Decembro e Charles Dickens

O 17 de Decembro,de 1843, Charles Dickens publica a súa obra 
"Un conto de Nadal" "A Christmas carol"


O protagonista é o señor Ebenezer Scrooge, un home avarento e tacaño que non celebra a festa de Nadal debido á sua vida solitaria e á súa adicción ao traballo. 
Non lle importan os demais, so os negocios e o diñeiro.
Unha noite, en vésperas de Nadal, Scrooge recibe a visita dunha pantasma que resulta ser a do seu mellor amigo e socio, Jacob Marley, que morriu fai sete anos. A pantasma cóntalle que por ter sido avarento en vida, arrastra por toda a eternidade unha longa e pesada cadea.
Di que ven para anunciarlle a Scroogel que xa chegou ao límite das maldades posibles e que de seguir así terá que arrastrar unha cadea ainda mais longa que a súa o resto da eternidade.