19 de dec. de 2012

CINECLUB IV. Swiming pool.


Duas persoas coñécense na piscina sempre de noite.
Enamóranse sen saber como son, ata que se ven fóra da misma.

FRAGMENTOS PARA COMENTAR:

  1. Unha persoa aparentemente normal espera na casa ata que anoitece para baixar a disfrutar da piscina pública.
  2. Unha noite encontra a outra persoa aparentemente normal da que se enamora.
  3. Cando saen da piscina parece que algo podería  cambiar.
  4. Cres que esta imaxe xustifica o principio do video?
  5. Podes imaxinar algunha situación real que se poda exempliificar con este video?
  6. Este vídeo está prohibido nalgúns países. Por que será?

12 de dec. de 2012

CLUB PINACOTECA. PAUL KLEE

CASA XIRATORIA. 1921


Moitos dos cadros de Paul Klee teñen que ver coa poesía, a música e os soños.
Aquí aborda o tema das cidades onde a natureza é modificada polo home e onde se impón a ley e a orde.

PREGUNTAS MOTIVADORAS:



  1. Que ves aí? 
  2. Paréceche que hai orde ou desorde? 
  3. É así como se ordenan as cidades? 
  4. Paréceche que a natureza está ordenada? 
  5. Para ti, que está mais ordenada, unha cidade ou a selva? 
  6. Hai liñas rectas na natureza?. 
  7. Que cores utiliza Klee neste cadro?  
  8. Sabes o que é unha gama de cor? 
  9. Según o que che suxira, elixe da lista de sensacións. 
  10. Intenta un título para este cadro. 
PAUL KLEE. AUTORRETRATO. 1919


4 de dec. de 2012

BIBLIOTECA DE NADAL

SELECCIÓN DE LECTURAS PARA QUE LEADES ALGO EN NADAL.
PODES VISITAR TAMÉN A PESTANA DA CABECEIRA DO BLOG PARA RECURSOS OU ACTIVIDADES.
INFANTIL
1º CICLO
2º CICLO

3º CICLO


7 de nov. de 2012

6 de nov. de 2012

CINECLUB ll. O elefante encadeado


"O elefante encadeado"

É un precioso  conto de Jorge Bucay que relata a triste vida dun elefante de circo que vive atado a unha pequena estaca de madeira que sen dúbida podería arrincar sen esforzo. 
Por que non o fai?
 Iso é o que temos que descubrir.

FRAGMENTOS PARA COMENTAR:

  1. Podería liberarse facilmente dunha estaca e fuxir.
  2. Que o ten preso?. Por que non fuxe?
  3. O elefante do circo non escapa porque estivo atado a unha estaca parecida desde que era moi pequeno.
  4. Ata que un día, un día terrible para a súa historia futura...
  5. Nunca, nunca, intentou volver a poñer a proba a súa forza.
  6. Somos todos coma o elefante do circo?
  7. Es ti coma o elefante do circo?
Aquí tedes una presentación distinta e moi orixinal da historia.






CLUB PINACOTECA. ODILON REDON

A ARAÑA SORRINTE. 1881

As arañas de Redon sinten emocións e son parte do mundo dos pesadelos de moitas persoas.
Esta non parece unha araña común.
Quizais descubramos por que sorrí.

PREGUNTAS MOTIVADORAS:
  1. Gústanche as arañas?
  2. Están as arañas entre os teus medos e pesadelos?
  3. Por que nos dan medo as arañas e as nécoras non?
  4. Cres que é unha araña real? 
  5. Parece que sorrí, por que pode ser?
  6. Durante 20 anos este pintor só utilizou o carboncillo e a cor negra, cres que a cor nergra pode producirnos algunha sensación?
  7. Escolle da lista de sensacións a que mais se aproxime ao que pensas.
  8. Agora poñámoslle nome ao cadro.
ODILON REDON. AUTORRETRATO

2 de nov. de 2012

MISTERIOSA IMPRESIÓN

Esta semana moitos profesores decidiron asustar de verdade aos seus alumnos ou aos alumnos dos demais.
Para iso utilizaron a cova do medo da biblioteca.
Aquí tedes unha impresión que non sabemos como se fixo, pero apareceu nunha das cámaras dos profesores que quedou esquecida durante uns minutos.


Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

26 de out. de 2012

CINECLUB III. Wilde beest.


"Wilde beest"

Un par de ñus miran ao río antes decidirse a cruzalo.
Seguramente encontraremos algúnha semellanza entre os ñus e nós mismos

16 de out. de 2012

CLUB PINACOTECA. RENÉ MAGRITTE

"O CUARTO DE ESCOITAR" 1952


A obra de René Magritte invítanos a reflexionar sobre os obxectos mais cotiáns.

PREGUNTAS MOTIVADORAS:

  1. Que ves aí?
  2. Como é posible que esta mazán xigante estea aí?
  3. Ves algunha porta ou ventá por onde puidese entrar?
  4. Vai seguir medrando?
  5. Faiche recordar algún conto que coñeces?
  6. Podería alguén comer esta mazán?
  7. A obra de René Magritte califícase coma "Realismo Máxico". Por que pode ser? Pensa nas duas palabras.
  8. Que sensación che produce unha mazá tan enorme nun sitio tan pequeno? Elixe da lista de sensacións.
  9. Intenta un título para este cadro.


RENÉ MAGRITTE. AUTORRETRATO

10 de out. de 2012

VAITE PREPERANDO, AÍ CHEGA O SAMAÍN


VISITA OS NOVOS RECURSOS DA PESTANA "SAMAÍN" NA CABECEIRA DO BLOG

CLUB PINACOTECA. EDWARD HOPPER

HABITACIÓN DE HOTEL. 1931

Esta muller está soa. 
Acaba de chegar ou xa marcha?
Se cadra podemos inventarlle unha nova vida.

PREGUNTAS MOTIVADORAS:
  1. Onde está esta muller?
  2. As maletas están feitas, por que pode ser?
  3. Sostén algo entre as mans, que será?
  4. Está lendo, pensando, recordando?
  5. Es seguro que mira ao libro?
  6. A cara da muller está ensombrecida, significará algo?
  7. Escolle da lista as sensacións que che transmite.
  8. Imaxinamos unha vida para esta muller.
  9. Agora dámoslle un título ao cadro.
EDWARD HOPPER. AUTORRETRATO



9 de out. de 2012

OS PROFESORES E AS PROFESORAS DAN MEDO

A biblioteca e o equipo de "efectos especiais" lanzan un reto ao profesorado do centro.
Saca o teu lado mais escuro e asusta de verdade.
Deixar aos repaces sen recreo faino calquera.
Achégate á biblioteca no recreo na semana do Samaín e asusta  de verdade.




Rascayú - Letra orixinal 


(autor: P. Bonet de San Pedro) 


Estribillo: 

Rascayú, cuando mueras, ¿qué harás tú? 
Rascayú, cuando mueras, ¿qué harás tú? 
Tú serás un cadáver nada más. 
Rascayú, cuando mueras, ¿qué harás tú? 

Oigan la historia que contóme un día 
El viejo enterrador de la comarca; 
Era un viejo a quien la suerte un día 
Su rico bien le arrebató la Parca. 
Todas las noches iba al cementerio 
A visitar la tumba de su hermosa
Y la gente murmuraba con misterio 
“es un muerto escapado de la fosa” 

Estribillo 

Hizo amistad con muchos esqueletos 
que salían bailando una sardana 
Y mezclando sus voces de ultratumba 
Con el croado de alguna rana 
Los pobrecitos iban mal vestidos 
Con sábanas que “ad hoc” habían robado 
Y el guardián se decía con recelo: 
“estos muertos se me han revolucionado”. 



Si no es bastante tétrica la historia 
Los fuegos fatuos se meten en el lío 
armando con sus luces tenebrosas 
un cacao de padre y muy señor mío. 




Estribillo 





7 de out. de 2012

CINECLUB I. Eloísa e os bichos


"Eloísa e os bichos"

Un libro de Jairo Buitrago e Rafael Yoketeng.
É unha interesante historia que nos invita a reflexionar sobre as dificultades para adaptarnos a situacións novas e descoñecidas.
Isto pode valer tanto para unha nena que comeza un novo curso nun colexio novo, como para calquera persoa que se sinte estranxeira nun país que non é o seu.
Quen como Eloísa non se sentiu nunca un bicho raro?


ELOÍSA E OS BICHOS.
FRAGMENTOS PARA COMENTAR.

1.“Non son de aquí, chegamos unha tarde cando eu era pequena”. (Así comeza)
2.“Quedaba na escola coma un bicho raro”.
3.“Os recreos eran longos”.
4.“Volviamos a casa sen falar con ninguén”.
5.“Os días pasaban mais rápido”.
6.“Pero neste lugar aprendín a vivir”. (Así remata)






3 de out. de 2012

CLUB PINACOTECA. FRANZ MARC

A VACA AMARELA . 1911

Que lles pasa aos animais deste pintor?
Isto mais parece un anuncio de chocolatinas.

PREGUNTAS MOTIVADORAS:
  1. Onde está esta vaca?
  2. Que está facendo?
  3. De que cor é? Por que será desta cor?
  4. Cres que a cor pode transmitir sensacións?
  5. Escolle da "lista de sensacións"  as que mais axeitadas che parezan.
  6. Franz Marc era chamado  "O pintor que daba alma aos animais", por que pensas que o decían?
  7. Agora podemos pensar un título para este cadro.

Retrato de Franz Marc
por August Macke  1910



16 de set. de 2012

SE BUSCAS TRABALLO...


Ofértase traballo de pinche de biblioteca.
Precísase xente para o obradoiro de contacontos.

Busca a información no panel da entrada da biblioteca.

11 de maio de 2012

POEMA PARA VALENTÍN

OS NENOS E NENAS DE 1ºA DEDICAMOS ESTE POEMA INVENTADO A VALENTÍN PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.


7 de maio de 2012

FOGO, NICOLÁS

CANCIÓN-TRABALINGUAS PARA CANTAR O DÍA DAS LETRAS OU CALQUERA OUTRO DÍA.

        Da banda de alá do río, 
         pin!, zas!, fogo, Nicolás!,
         ten meu pai un castiñeiro,

         rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum!


         Dá laranxas en agosto,

         pin!, zas!, fogo, Nicolás!

         uvas brancas en xaneiro,

         rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum! 



         Da banda de alá do río, 

         pin!, zas!, fogo, Nicolás!,

         teño unha linda cuñada, 

         rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum!


         Entralle o sol pola porta

         pin!, zas!, fogo, Nicolás!

         e a lúa pola ventá,

         rascataplás e, aghora, aghora, ai!, ai!, pum! [...]

26 de abr. de 2012

UNHA CAIXA DE SORPRESAS


Para celebrar o día do libro e seguir celebrando o día da poesía, os nenos e nenas de 4ºA escriben poemas e os encerran en caixas para dar un pouco de emoción á sua lectura.

DEBUXOS DE INFANTIL PARA O DÍA DO LIBRO

ESTES SON OS DEBUXOS QUE FIXERON OS NENOS E NENAS DE INFANTIL PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO

DEBUXOS DO CONTO "CINCO NUNHA VAINA"



PINCHA NO DEBUXO.

13 de abr. de 2012

NON ME VEÑAS CON CONTOS

Participa no concurso "NON ME VEÑAS CON CONTOS".


Recolle no panel da biblioteca unha tira sorpresa. Nela encontrarás o título dun conto e o seu autor autor. Colle tamén un papel enmarcado da mesa para facer o debuxo do personaxe do conto.
No caso de que non coñezas o conto podes lelo nalguna das páxinas que atoparás mais abaixo.

Pincha os teus traballos no panel e non esquezas poñer o teu nome e o teu curso.

Galicia Encantada
CONTOS GALEGOS DE TRADICIÓN ORAL
HERMANOS GRIMM
CONTOS
CHARLES PERRAULT
CONTOS
HANS CHRISTIAN ANDERSEN
CONTOS
   

10 de abr. de 2012

DÍA DO LIBRO

O día 23 de Abril de cada ano conmemórase o día do libro. este ano 2012 elexiuse a cidade de Ereván en Armenia como capital mundial do libro.

Este día é tradición en moitas institucións a lectura continuada do Quixote.
Tí tamén o podes facer aquí.
bne. Quijote interactivo
Para mais informacións e recursos visita a pestana temática do
"Día do libro"

22 de mar. de 2012

DÍA DA POESÍA NO PLANETA GALÁN

HAIKUS. OU CASIHAIKUS EN 1º

DÍA DA POESÍA EN INFANTIL (4 ANOS)

“En el árbol de mi pecho.  

Gloria Fuertes 

En el árbol de mi pecho
hay un pájaro encarnado.
Cuando te veo se asusta,
aletea, lanza saltos.
En el árbol de mi pecho
hay un pájaro encarnado.
Cuando te veo se asusta
¡eres un espantapájaros!


Los viajes de Gulliver de Jonathan Swift

Lilliput



Curioso
El escritor Jonathan Swift (1667-1745), mencionaba, en su obra Los viajes de Gulliver, "dos estrellas menores o satélites que giraban alrededor de Marte". Describió con gran precisión sus proporciones y sus órbitas. Más de siglo y medio después, en 1877, las dos lunas de Marte, bautizadas con los nombres de Fobos y Deimos, fueron descubiertas oficialmente por el astrónomo Asaph Hall (1829-1907).. 

11 de mar. de 2012

Semana da prensa

Do 12 ao 16 de Marzo conmemórase a semana da prensa.
Pon a proba as túas habilidades con este xogo.

Para mais información podes visitar a pestana "Semana da prensa" na cabeceira do blog.

la noticia

29 de feb. de 2012

Poema de Celso Emilio Ferreiro para ilustrar

Cow looking through window


(Celso Emilio Ferreiro)

- Disque, na súa tenra xuventú,
iste boi que ós galegos estercola
foi en Galicia a escola
i adeprendeu el soio a decir Múu.
- Non sexas, meu amigo, fabulista
e faime a gracia de facer memoria:
aquél que dixo múu na nosa historia
non era un boi, que era un burro flautista.
- O conto que che conto é a verdá
e ninguén torcerá a miña pauta:
o boi que dixo múu tería unha flauta
que soar poido por casualidá.
- En vista de que falas con firmeza
conveño en que o teu boi é mitolóxico;
un especimen raro fisiolóxico,
mixto de burro e boi na mesma peza.
Un estrano animal
que co seu múu asnal e corifeo
ampliou o solfeo
cunha moderna nota musical.
Por elo chegarán futuras datas
en que todos veredes
carteles coma iste nas paredes:
“Concerto en múu mayor a catro patas.”


21 de feb. de 2012

Día mundial da poesía

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA


Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o "Día internacional da poesía".
A biblioteca do Sr. Tomoski poropón que adiquemos ese día a  Celso Emilio Ferreiro, do que se cumple este ano o centenario do seu nacemento.

1ª proposta:  Ilustra unha poesía de Celso Emilio Ferreiro.

Recolle a poesía na mesa da Biblioteca, realiza unha ilustración da misma e pega o teu traballo no panel vermello (co teu nome e curso pola parte de atrás).

2ª proposta: Compón un poema.

Recolle un sobre da mesa da Biblioteca e un papel de cor. Abre o sobre e le as palabras. Con esas palabras e outras que poñas ti, fai un poema e pinchao no "bosque animado de poemas" ( co teu nome e curso por detrás).

Intentaremos que todo isto estea rematado antes do día 21 de Marzo. Sorte.

ROSALÍA. 24 de Febreiro de cada ano

CONTO GALLEGO (PARA LER)


Foto da actividade
AELG. ASOCIACIÓN DE ESCRITORES 
E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA
ROSALÍA
ROSALÍA DE CASTRO.ORG

Selección de textos doutros autores
                                                                                 



                                                                        Rosalía para colorear. Plantilla


6 de feb. de 2012

ENTROIDO

Spider Man aparece por primeira vez no cómic Amazing Fantasy nº 15 en Agosto de 1962. Polo tanto o home-araña cumple este ano 2012 os seus 50 anos.
Parece que non pasan os anos por el.



Abre a pestana da cabeceira "ENTROIDO" para ver recursos, actividades e curiosidades.



20 de xan. de 2012

DÍA DA PAZ

TAWAKKUL KERMAN (activista yemení), ELLEN JOHNSON-SIRLEAF (presidenta de Liberia) , LEYMAH GBOWEE (activista de Liberia) foron premio Nobel da paz no ano 2011.

Consulta a pestana PAZ na cabeceira do blog.