29 de feb. de 2012

Poema de Celso Emilio Ferreiro para ilustrar

Cow looking through window


(Celso Emilio Ferreiro)

- Disque, na súa tenra xuventú,
iste boi que ós galegos estercola
foi en Galicia a escola
i adeprendeu el soio a decir Múu.
- Non sexas, meu amigo, fabulista
e faime a gracia de facer memoria:
aquél que dixo múu na nosa historia
non era un boi, que era un burro flautista.
- O conto que che conto é a verdá
e ninguén torcerá a miña pauta:
o boi que dixo múu tería unha flauta
que soar poido por casualidá.
- En vista de que falas con firmeza
conveño en que o teu boi é mitolóxico;
un especimen raro fisiolóxico,
mixto de burro e boi na mesma peza.
Un estrano animal
que co seu múu asnal e corifeo
ampliou o solfeo
cunha moderna nota musical.
Por elo chegarán futuras datas
en que todos veredes
carteles coma iste nas paredes:
“Concerto en múu mayor a catro patas.”


21 de feb. de 2012

Día mundial da poesía

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA


Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o "Día internacional da poesía".
A biblioteca do Sr. Tomoski poropón que adiquemos ese día a  Celso Emilio Ferreiro, do que se cumple este ano o centenario do seu nacemento.

1ª proposta:  Ilustra unha poesía de Celso Emilio Ferreiro.

Recolle a poesía na mesa da Biblioteca, realiza unha ilustración da misma e pega o teu traballo no panel vermello (co teu nome e curso pola parte de atrás).

2ª proposta: Compón un poema.

Recolle un sobre da mesa da Biblioteca e un papel de cor. Abre o sobre e le as palabras. Con esas palabras e outras que poñas ti, fai un poema e pinchao no "bosque animado de poemas" ( co teu nome e curso por detrás).

Intentaremos que todo isto estea rematado antes do día 21 de Marzo. Sorte.

ROSALÍA. 24 de Febreiro de cada ano

CONTO GALLEGO (PARA LER)


Foto da actividade
AELG. ASOCIACIÓN DE ESCRITORES 
E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA
ROSALÍA
ROSALÍA DE CASTRO.ORG

Selección de textos doutros autores
                                                                                 



                                                                        Rosalía para colorear. Plantilla


6 de feb. de 2012

ENTROIDO

Spider Man aparece por primeira vez no cómic Amazing Fantasy nº 15 en Agosto de 1962. Polo tanto o home-araña cumple este ano 2012 os seus 50 anos.
Parece que non pasan os anos por el.



Abre a pestana da cabeceira "ENTROIDO" para ver recursos, actividades e curiosidades.