26 de abr. de 2012

UNHA CAIXA DE SORPRESAS


Para celebrar o día do libro e seguir celebrando o día da poesía, os nenos e nenas de 4ºA escriben poemas e os encerran en caixas para dar un pouco de emoción á sua lectura.

DEBUXOS DE INFANTIL PARA O DÍA DO LIBRO

ESTES SON OS DEBUXOS QUE FIXERON OS NENOS E NENAS DE INFANTIL PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO

DEBUXOS DO CONTO "CINCO NUNHA VAINA"



PINCHA NO DEBUXO.

13 de abr. de 2012

NON ME VEÑAS CON CONTOS

Participa no concurso "NON ME VEÑAS CON CONTOS".


Recolle no panel da biblioteca unha tira sorpresa. Nela encontrarás o título dun conto e o seu autor autor. Colle tamén un papel enmarcado da mesa para facer o debuxo do personaxe do conto.
No caso de que non coñezas o conto podes lelo nalguna das páxinas que atoparás mais abaixo.

Pincha os teus traballos no panel e non esquezas poñer o teu nome e o teu curso.

Galicia Encantada
CONTOS GALEGOS DE TRADICIÓN ORAL
HERMANOS GRIMM
CONTOS
CHARLES PERRAULT
CONTOS
HANS CHRISTIAN ANDERSEN
CONTOS
   

10 de abr. de 2012

DÍA DO LIBRO

O día 23 de Abril de cada ano conmemórase o día do libro. este ano 2012 elexiuse a cidade de Ereván en Armenia como capital mundial do libro.

Este día é tradición en moitas institucións a lectura continuada do Quixote.
Tí tamén o podes facer aquí.
bne. Quijote interactivo
Para mais informacións e recursos visita a pestana temática do
"Día do libro"