26 de out. de 2012

CINECLUB III. Wilde beest.


"Wilde beest"

Un par de ñus miran ao río antes decidirse a cruzalo.
Seguramente encontraremos algúnha semellanza entre os ñus e nós mismos

16 de out. de 2012

CLUB PINACOTECA. RENÉ MAGRITTE

"O CUARTO DE ESCOITAR" 1952


A obra de René Magritte invítanos a reflexionar sobre os obxectos mais cotiáns.

PREGUNTAS MOTIVADORAS:

  1. Que ves aí?
  2. Como é posible que esta mazán xigante estea aí?
  3. Ves algunha porta ou ventá por onde puidese entrar?
  4. Vai seguir medrando?
  5. Faiche recordar algún conto que coñeces?
  6. Podería alguén comer esta mazán?
  7. A obra de René Magritte califícase coma "Realismo Máxico". Por que pode ser? Pensa nas duas palabras.
  8. Que sensación che produce unha mazá tan enorme nun sitio tan pequeno? Elixe da lista de sensacións.
  9. Intenta un título para este cadro.


RENÉ MAGRITTE. AUTORRETRATO

10 de out. de 2012

VAITE PREPERANDO, AÍ CHEGA O SAMAÍN


VISITA OS NOVOS RECURSOS DA PESTANA "SAMAÍN" NA CABECEIRA DO BLOG

CLUB PINACOTECA. EDWARD HOPPER

HABITACIÓN DE HOTEL. 1931

Esta muller está soa. 
Acaba de chegar ou xa marcha?
Se cadra podemos inventarlle unha nova vida.

PREGUNTAS MOTIVADORAS:
  1. Onde está esta muller?
  2. As maletas están feitas, por que pode ser?
  3. Sostén algo entre as mans, que será?
  4. Está lendo, pensando, recordando?
  5. Es seguro que mira ao libro?
  6. A cara da muller está ensombrecida, significará algo?
  7. Escolle da lista as sensacións que che transmite.
  8. Imaxinamos unha vida para esta muller.
  9. Agora dámoslle un título ao cadro.
EDWARD HOPPER. AUTORRETRATO



9 de out. de 2012

OS PROFESORES E AS PROFESORAS DAN MEDO

A biblioteca e o equipo de "efectos especiais" lanzan un reto ao profesorado do centro.
Saca o teu lado mais escuro e asusta de verdade.
Deixar aos repaces sen recreo faino calquera.
Achégate á biblioteca no recreo na semana do Samaín e asusta  de verdade.




Rascayú - Letra orixinal 


(autor: P. Bonet de San Pedro) 


Estribillo: 

Rascayú, cuando mueras, ¿qué harás tú? 
Rascayú, cuando mueras, ¿qué harás tú? 
Tú serás un cadáver nada más. 
Rascayú, cuando mueras, ¿qué harás tú? 

Oigan la historia que contóme un día 
El viejo enterrador de la comarca; 
Era un viejo a quien la suerte un día 
Su rico bien le arrebató la Parca. 
Todas las noches iba al cementerio 
A visitar la tumba de su hermosa
Y la gente murmuraba con misterio 
“es un muerto escapado de la fosa” 

Estribillo 

Hizo amistad con muchos esqueletos 
que salían bailando una sardana 
Y mezclando sus voces de ultratumba 
Con el croado de alguna rana 
Los pobrecitos iban mal vestidos 
Con sábanas que “ad hoc” habían robado 
Y el guardián se decía con recelo: 
“estos muertos se me han revolucionado”. 



Si no es bastante tétrica la historia 
Los fuegos fatuos se meten en el lío 
armando con sus luces tenebrosas 
un cacao de padre y muy señor mío. 




Estribillo 





7 de out. de 2012

CINECLUB I. Eloísa e os bichos


"Eloísa e os bichos"

Un libro de Jairo Buitrago e Rafael Yoketeng.
É unha interesante historia que nos invita a reflexionar sobre as dificultades para adaptarnos a situacións novas e descoñecidas.
Isto pode valer tanto para unha nena que comeza un novo curso nun colexio novo, como para calquera persoa que se sinte estranxeira nun país que non é o seu.
Quen como Eloísa non se sentiu nunca un bicho raro?


ELOÍSA E OS BICHOS.
FRAGMENTOS PARA COMENTAR.

1.“Non son de aquí, chegamos unha tarde cando eu era pequena”. (Así comeza)
2.“Quedaba na escola coma un bicho raro”.
3.“Os recreos eran longos”.
4.“Volviamos a casa sen falar con ninguén”.
5.“Os días pasaban mais rápido”.
6.“Pero neste lugar aprendín a vivir”. (Así remata)






3 de out. de 2012

CLUB PINACOTECA. FRANZ MARC

A VACA AMARELA . 1911

Que lles pasa aos animais deste pintor?
Isto mais parece un anuncio de chocolatinas.

PREGUNTAS MOTIVADORAS:
  1. Onde está esta vaca?
  2. Que está facendo?
  3. De que cor é? Por que será desta cor?
  4. Cres que a cor pode transmitir sensacións?
  5. Escolle da "lista de sensacións"  as que mais axeitadas che parezan.
  6. Franz Marc era chamado  "O pintor que daba alma aos animais", por que pensas que o decían?
  7. Agora podemos pensar un título para este cadro.

Retrato de Franz Marc
por August Macke  1910