7 de nov. de 2012

6 de nov. de 2012

CINECLUB ll. O elefante encadeado


"O elefante encadeado"

É un precioso  conto de Jorge Bucay que relata a triste vida dun elefante de circo que vive atado a unha pequena estaca de madeira que sen dúbida podería arrincar sen esforzo. 
Por que non o fai?
 Iso é o que temos que descubrir.

FRAGMENTOS PARA COMENTAR:

  1. Podería liberarse facilmente dunha estaca e fuxir.
  2. Que o ten preso?. Por que non fuxe?
  3. O elefante do circo non escapa porque estivo atado a unha estaca parecida desde que era moi pequeno.
  4. Ata que un día, un día terrible para a súa historia futura...
  5. Nunca, nunca, intentou volver a poñer a proba a súa forza.
  6. Somos todos coma o elefante do circo?
  7. Es ti coma o elefante do circo?
Aquí tedes una presentación distinta e moi orixinal da historia.






CLUB PINACOTECA. ODILON REDON

A ARAÑA SORRINTE. 1881

As arañas de Redon sinten emocións e son parte do mundo dos pesadelos de moitas persoas.
Esta non parece unha araña común.
Quizais descubramos por que sorrí.

PREGUNTAS MOTIVADORAS:
  1. Gústanche as arañas?
  2. Están as arañas entre os teus medos e pesadelos?
  3. Por que nos dan medo as arañas e as nécoras non?
  4. Cres que é unha araña real? 
  5. Parece que sorrí, por que pode ser?
  6. Durante 20 anos este pintor só utilizou o carboncillo e a cor negra, cres que a cor nergra pode producirnos algunha sensación?
  7. Escolle da lista de sensacións a que mais se aproxime ao que pensas.
  8. Agora poñámoslle nome ao cadro.
ODILON REDON. AUTORRETRATO

2 de nov. de 2012

MISTERIOSA IMPRESIÓN

Esta semana moitos profesores decidiron asustar de verdade aos seus alumnos ou aos alumnos dos demais.
Para iso utilizaron a cova do medo da biblioteca.
Aquí tedes unha impresión que non sabemos como se fixo, pero apareceu nunha das cámaras dos profesores que quedou esquecida durante uns minutos.


Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo