A situación económica de Van Gogh non foi nunca boa, tivo que ser atendido polo seu irmán Theo durante toda a sua vida.
Hoxe seguro que daremos visións diferentes sobre esta obra, farémonos preguntas e pode que imaxinemos unha nova vida para este par de botas.
PREGUNTAS MOTIVADORAS:
1. Cres que un par de botas son o mellor modelo que podería escoller un pintor tan famoso coma Vincent?
2. Por que elixe Vincent un par de botas vellas e gastadas en lugar dos seus mellores zapatos?
3. Terán algo que ver a escasez de recursos e a elección do modelo?
4. Como son as pinceladas, de onde procede a luz do cadro, que cores emprega?
5. Cres que é un cadro que representa a realidade? Podemos chamalo un cadro realista?
A Fernando Botero gústalle representar persoas e animais sempre coma figuras corpulentas, incluso claramente obesas. As mais das veces ríxidas, pasivas e sen expresión.
PREGUNTAS MOTIVADORAS:
1. Hai algún aspecto do cadro que te chame a atención?
2. Que relación cres que existe entre ambas persoas?
3. Están mirando cara ao mismo lugar?
4. Como son as figuras? Repara nos contornos e no volume.
5. Parece que as montañas sexan de xoguete.
6. Fernando Botero di: "Non estou interesado na expresión, risa ou tristura".
Este corto de Ruah Edelstein de 2009 cóntanos a historia dun pequeno que vive nunha zona devastada pola guerra, pero a sua mente ainda está chea de belezas e soños.
Este video fala do paso do tempo e das tradicións e ensinanzas que se transmiten de pais a fillos.
FRAGMENTOS PARA COMENTAR:
1. Comeza o video con duas persoas que reman xuntas.
2. Ambas teñen un fillo, ao que tamén lle corresponde unha lancha.
3. Que cres que significa o mar?.E as ondas?
4. Mais adiante, no video, o fillo alónxase dos pais.
5. Os pais deben loitar contra unha gran tormenta.
6. Que representará esa tormenta?
7. Que significado ten a cascada no video?