25 de set. de 2013

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

O Sr. Tomoski vai necesitar axudantes de biblioteca.
Os do curso pasado non se encontran ben.
Precísase xente resistente.
Atent@s aos avisos.

20 de set. de 2013

CINECLUB XXIII.Jaime de cristal

                   

"Jaime de cristal " de Gianni Rodari naciu sendo un neno transparente. A través do seu corpo podiase ver igual que a través do ar e da auga. Todo o mundo podía ver os seus pensamentos a través da súa fronte.

Inicialmente foi un conto dentro lo libro "Contos por teléfono" que podes encontrar na BE.

19 de set. de 2013

CLUB DE LECTURA



Se estás no segundo ou terceiro ciclo podes apuntarte ao club de lectura  no tempo do recreo.

Os mércores os nenos e nenas de 3º ciclo que o desexen poderán formar parte do club de lectura.
Encheda a solicitude e esperade a comunicación coa data de inicio.

O CLUB DA PINACOTECA

Non se trata de actuar coma se fosemos crític@s de arte, pero sempre podemos dar a nosa opinión.


O club da pinacoteca reunirase todos na biblioteca no tempo do recreo.
É unha actividade pensada para o alumnado de 1º e 2º ciclos.

Atención ás datas que se proporán nos PIB (puntos de información da biblioteca)

CINECLUB EXPRESS





O cine é unha ferramente didáctica moi útil. Pode servirnos tanto para traballar as competencias orais (expresión oral e comprensión auditiva) coma para traballar temas transversais.
O cine nos seus mais de 100 anos de existencia exerceu unha función sorprendente no tocante á educación na lectura de imaxes, e todo o mundo, nun principio, está capacitado para lelo, a pesares das diferencias culturais ou de calquera outra índole.


NA BIBLIOTECA, NOS RECREOS... "CINECLUB EXPRESS" 
É UNHA ACTIVIDADE PROPOSTA PARA O 2º CICLO.

Atención á data que se proporá nos PIB (puntos de información da biblioteca).

5 de set. de 2013

O regreso do Sr. Tomoski

O Sr. Tomoski regresa das súas vacacións descansado e con moitos proxectos.
Vémonos pronto.