26 de nov. de 2013

VOLUNTARIADO -A

Voluntariado de lectura-A

Quen son esas alumnas que traballan para a o Sr. Tomoski?
Son as alumnas de terceiro ciclo que colaboran co departamento de dinamización da biblioteca do centro. Levan a cabo dramatizacións de contos, reparto de notas e traballos para todo o alumnado do centro e outros traballos que, de momento, mantemos en secreto.

CINECLUB XXXI. Swing of change



Nova York, anos trinta.
Un barbeiro racista mantén unha "charla" cunha trompeta que lle fará cambiar a súa maneira de ver ás persoas que son diferentes a el.
Que ben se fose tan doado!

19 de nov. de 2013

Tesouros novos e vellos. OS ANANOS

Aquí deixamos o traballo sobre os ananos. Hai que devolver as probas dos labirintos resoltas no sobre de clase onde foron enviados.



CINECLUB XXX. O FARO


Precioso vídeo que nos amosa o apoio que os pais e a familia dan aos seu fillos para facer os seus proxectos realidade.
Así como o agradecemento que lles deben os fillos aos pais que os axudan.

18 de nov. de 2013

PRÉSTAMO



TODOS OS MÉRCORES E XOVES, NO RECREO, O EQUIPO DE VOLUNTARIADO-A REALIZARÁ O PRÉSTAMO AO ALUMNADO QUE ASÍ O DESEXE.

15 de nov. de 2013

OS TESOUROS DE INFANTIL

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL XA SE ESTÁN PREPARANDO PARA SER CAZATESOUROS.
DE MOMENTO CÓNTANNOS CALES SON OS SEUS TESOUROS MAIS QUERIDOS.

CLUB PINACOTECA. Tim Rollins and K.O.S.


As obras de Tim Rollins non son de un único autor, se non que teñen casi todas unha autoría colectiva.
Tim Rollins  and K.O.S.

PREGUNTAS MOTIVADORAS:
1. É unha pintura como as que temos visto ata agora?
2. Parece unha cortiza con ollos, pero a mirada non é humana.
3. Coñeces algún personaxe que nacese da madeira?
4. Que che fai sentir, dache medo? paréceche inquedante?
5. Non nos fixamos moito nas árbores, pero son de aspecto cambiante  e ás veces adquiren formas estranas.



12 de nov. de 2013

CINECLUB XXIX. Tank


Malcom é un naturalista afeccionado que recolle mostras de animais e plantas da fraga onde ten unha cabana que utiliza como laboratorio de investigación. 
Pero un descubrimento no estanque do bosque faille pensar que todo na natureza está conectado.   

10 de nov. de 2013

CONCURSO FOTOGRÁFICO



A Biblioteca da escola infantil de Barrionovo invítanos a participar nun concurso de fotografía. 
A Biblioteca do Sr. Tomoski participará co alumnado que asiste ás actividades de cineclub e pinacoteca (os que así o desexen).
Está aberto tamén a toda a comunidade escolar, que pode pedir información ás alumnas que forman o equipo "Voluntariado-A".

6 de nov. de 2013

O MAGOSTO VOLVE


O magosto volve, recorda que tes recursos e actividades na pestana da cabeceira do blog.

5 de nov. de 2013

ESE SAMAÍN QUE TEMOS A MEDIAS

Desde a Biblioteca de Barrionovo chéganos este vídeo compartido.



O alumnado de Voluntariado ameniza a sesión dramatizando unha historia de pantasmas para os mais pequenos.