28 de feb. de 2013

CLUB PINACOTECA. PIET MONDRIÁN

"TABLA II" 1922. Óleo sobre tea.

A liña é para Piet Mondrián a que mellor representa a arte abstracta xeométrica xa que non ten nada que ver coa figuración.

PREGUNTAS MOTIVADORAS:
1. Comentamos o que vemos respecto ás liñas.
2. Comentamos o que vemos respecto ás cores.
3. Aprécianse texturas, degradados ou gamas de cor?
4. Parécevos a "simplicidade" unha característica deste cadro?
5. Mondrián chamou "retícula cósmica" a unión das cores brancas mediante liñas  negras. Mondrián non consideraba que a branca e a negra fosen cores.
6. Según Mondrián, o artista non debía influir coas suas obras sentimental nin emotivamente no espectador. Que pensas diso?
7. Intenta algún título para esta obra.



PIET CORNELIS MONDRIÁN. 1872-1944
BIOGRAFÍA.       OBRAS.  XOGO


18 de feb. de 2013

CINECLUB X. O cazo de Lorenzo.


A autora deste conto, Isabelle Carrier, recrea o día a día dun neno e as súas dificultades, presentándonos todos os obstáculos que ten que afrontar.

Un conto metafórico para falar sobre as diferencias.

FRAGMENTOS PARA COMENTAR:

1. Que significado ten para ti o cazo que arrastra Lorenzo?

2. Cres que Lorenzo sabe que o cazo lle dificulta as tarefas normais da vida?

3. Cres que os que ven o cazo de Lorenzo, tamén ven a Lorenzo?

4. Cres que podemos coñecer ao verdadeiro Lorenzo si so miramos o seu

 cazo?

5. Que sentimos cando vemos persoas que arrastran cazos coma o de

 Lorenzo?

6. Cres que sabemos como entrar no mundo de persoas coma Lorenzo?




11 de feb. de 2013

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA


O día de Rosalía está dedicado este ano á conmemoración do 150 aniversario da publicación da súa obra "Cantares galegos".

No prólogo desta obra poética Rosalía cóntanos o seu desexo de deixar escritas as belezas da súa terra e ten medo de que as suas palabras non abonden para describir as fermosas paixases e as xentes de Galicia.


Lémbrovos que hai outra entrada de Rosalía neste blog onde encontraredes mais recursos.


CANTARES GALEGOS NA BV MIGUEL DE CERVANTES

21 DE FEBREIRO. DÍA INTERNACIONAL DA LÍNGUA MATERNA

Todos os 21 de Febreiro celebramos o día internacional das linguas maternas.
Na ligazón de abaixo descubriredes por que.
aulaintercultural.org
Na actualidade existen 6000 línguas no planeta, das cales a mitade a UNESCO considera unha especie ameazada.
A globalización idiomática existente xera un sistema de comunicación entorno ao idioma inglés que ten como consecuencia a progresiva desaparición das linguas chamadas menores.

Tes mais información na ventá "Linguas en perigo " do blog.



LIBROS S.O.L. RELACIONADOS





5 de feb. de 2013

ENTROIDO 2013

LIM ENTROIDO. ANA MARTÍNEZ REY
PLUM DISFRÁZASE. ANA MARTÍNEZ REY

AINDA QUE A ENTRADA VAI PARA OS PEQUENOS, RECORDADE QUE PODEDES VISITAR A PESTANA "ENTROIDO" DA CABECEIRA DO BLOG PARA MAIS RECURSOS.

3 de feb. de 2013

CINECLUB IX. Sayonara

            
Unha pequena historia sobre amigos que se despiden.
Un rapaz chamado Charles acaba de perder o seu fogar e pasa o último día co  seu mellor amigo, unha tartaruga mariña, antes de abandoar o lugar para sempre.

MOMENTOS PARA COMENTAR:
1. Empeza o video coa portada dun xornal. Cres que é un sinal ou unha pista sobre o que puido pasar?
2. Que elemento nos leva ao pasado?
3. Cres que ten un final real?
4. Por que diferentes estados de ánimo pasaches durante o video?


Aquí tes unha versión en 3D que intentaremos ver coas gafas. 
Espero que funcione.