24 de mar. de 2013

2 de Abril. Día internacional do libro infantil e xuvenil



O vindeiro 2 de Abril conmemórase, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY declarou esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer  bos libros a todas as nenas, a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan
A través da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) podemos acceder ao poema de Pat Mora nas catro linguas do Estado, un poema que remata así:
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros. 


MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco

Unha boa oportunidade para coñecer a existencia de distintas correntes artísticas, pictóricas e literarias, que enriquecen coa súa mirada o mundo no que nos tocou vivir. 





20 de mar. de 2013

CLUB PINACOTECA. M.C. ESCHER

M.C. ESCHER. GRABADO EN MADEIRA. 1939

M.C. ESCHER. AUTORRETRATO 1935

PREGUNTAS MOTIVADORAS:

1.   Que ves a primeira vista?
2.   Mira o cadro de arriba a abaixo. En que se convirten esas aves?. 
3.   Agora mira o cadro de esquerda a dereita. É o mismo lugar?. 
4.   Qué cores utiliza o artista?.
5.   Escher era un artista amante das matemáticas e sobre todo da    xeometría. 
6.   Sabes o que é a teselación ou embaldosado?
7.   Que embaldosados coñecemos todos?
8.   . Que é o que fai posible que se vexan os paxaros brancos? E os negros?.Que relación hai entre o día e a noite?. 
9.   Busca na lista de sensacións. 
10.    Agora poñémoslle un título 



19 de mar. de 2013

CINECLUB XIII. "The misguided monk"



"Non era mais ca un raposo semellante a cen mil outros, pero eu fixeno o meu amigo e agora é único no mundo". 
           Antoine de Saint-Exupery, escritor francés (1900-1944)

11 de mar. de 2013

A LINGUA MANCHÚ

A lingua Manchú 
Mulleres de etnia manchú.
O idioma manchú foi a lingua da dinastía Quing, que gobernou China durante casi tres séculos. 
Hoxe loita por sobrevivir e non converterse nunha lingua morta.

Según os últimos datos, o manchú fálano un centenar de persoas na provincia de Heilongjiang.


Manchuria é unha rexión do NL de China de 801.600 Km2. (España ten unha extensión de 506.000Km2)



Os propios manchúes deixárono de falar cando o chinés-mandarín fíxose necesario para todas as actividades comerciais.
Así mismo deixou de ensinarse nas escolas.
Mulleres da etnia Manchú na actualidade.

TEXTOS DE AULA


CINECLUB XII. "Respire"



Vídeo sensacional para avisarnos de que  estamos a rematar con este planeta e podemos chegar de seguir así a ter que ver en película o que hoxe podemos ver directamente na nosa natureza. Na nosa man está  poñer os medios para que isto non pase.

5 de mar. de 2013

CINECLUB XI. Como debuxar un robot en 2 minutos

                  

Hoxe imos facer a sesión algo distendida, pero sempre hai un reto. Tes dous minutos para debuxar o teu robot.

3 de mar. de 2013

LINGUAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN.

Recuperamos esta entrada para dar comezo ás actividades relacionadas coas linguas en perigo de extinción.
Recorda que hai información permanente na parte dereita do blog.


A mitade das 6000 linguas que existen no mundo están en perigo de extinción e cada 15 días desaparece unha delas. Así o di a UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura).

A UNESCO puxo en marcha en Internet o "Atlas das linguas en perigo", que será actualizado semanalmente e que inclue mais de 2000 idiomas, todos eles en perigo de desaparecer.

Os expertos coinciden en que un factor moi importante para o reforzo dunha lingua debilitada e medrar cunha actitude positiva con respecto á propia lingua materna.

Os expertos estiman que de non facerse nada, a metade dos 6000 idiomas que se falan no mundo actualmente desaparecerán a fin deste século XXI.


ESTE SERÁ O TEMA QUE GUÍE AS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA 2012/2013