30 de abr. de 2013

CINECLUB XVIII. Academia de especialistas




Este é un corto de animación que nos axudará a comprender un pouco mellor os “trastornos de tipo autista”.
Fíxoo o debuxante Miguel Gallardo, autor do cómic “María y yo” que foi levado ao cine e que conta as vacacións en Gran Canaria de Miguel e a sua filla María , que padece un trastorno de espectro autista.
Hai nenos e nenas que posúen “superpoderes” (fan puzzles de maneira pouco común, catalogan ás persoas con criterios diferentes aos normais...) que non sempre chegamos a comprender.

23 de abr. de 2013

Un graffiti literario

Antoine de Saint-Exupéry, "The Little Prince"

CINECLUB XVII. Je regarde



Dous rapeces, Abel e Apolline viven aillados cada un no seu espacio natural, de permanecer así, nunca poderán coñecerse.

MOMENTOS PARA COMENTAR:
1. Como é o espacio natural de Abel?
2. Como é o espacio natural de Apolline?
3. Cres que poden ter medo de cruzar a liña que os separa do outro mundo?
Por que?
4. O seu encontro non resulta doado xa que parecen contrarios.
5. Ambos terán que comprometerse, a que?

23 de Abril. Día internacional do libro.


"Este día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes, mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas. Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo".

(Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO co gallo da celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, o 23 de abril de 2013) 




Escoitao aquí


Só un libro/ Paula Carballeira

Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses
aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.
Paula Carballeira


17 de abr. de 2013

CLUB PINACOTECA. THÉODORE GÉRICAULT.

A BALSA DA MEDUSA. 1819





So con 27 anos, Géricault pintou esta enorme obra de case 5m X 7m que está exposta no museo do Louvre en París.
Representa un feito real e certo que molestou ao rei Luis XVIII e por iso chamouna "Escena dun naufraxio", ainda que toda a xente en Francia sabía a que suceso se refería.

Reproducción aproximada da balsa
Jean-Louis André
Theodore Géricault por Alexandre Colins 1816


12 de abr. de 2013

Mes do principito

Este mes,  lectura na biblioteca e película na aula de video.
Coñece ao  principito a través da sua visión do mundo.

Dias 11, 12 de Abril, lectura na biblioteca,no tempo do recreo.
Días 19, 25 26 de abril, película na aula de vídeo, no tempo do recreo.

9 de abr. de 2013

40 anos sen Picasso


Un 8 de abril de 1973, aos 91 anos de idade,o artista malagueño Pablo Ruiz Picasso morría na sua casa, en Mougins (Francia). Deixábanos un dos mais grandes pintores da historia e xenio das vangardas do século XX. 
40 anos despois, nós recordámolo recollendo algunha das suas pinturas onde vemos a presenza dos libros.

        

7 de abr. de 2013

5 de abr. de 2013

O principiño xa ten 70 anos

"Os adultos que non se permiten o luxo de deixar sair xogar ao seu neno interior, non poden ser felices".

Isto deixouno dito o autor deste libro "O principiño" do que se cumplen 70 anos da sua publicación.

"O pequeno príncipe" foi publicado en Francia no ano 1946, unha vez rematada a segunda guerra mundial. Antes xa fora editado en Nova York.
Desde entón foron vendidos mais de 80 millóns de exemplares e está traducido a mais de 160 linguas. Entre esas linguas están algunhas moi minoritarias coma o Asturiano, o Galego, o Gascón, o Corso...


Portada do Principiño  en lingua Quechua  do Perú
Pero o mais importante é que a sua poesía atrapou a millóns de persoas, pequenos e maiores que saben distinguir entre un sombreiro e unha boa que tragou a un elefante.

O libro do Principiño ten moito da vida do seu autor, Antoine de Saint-Exupery, desde os volcáns que coñeceu nas suas viaxes a Sudamérica


aos baobabs que viu en África


pasando polo raposo que el mismo domesticou cando estaba en Cabo July, en Marrocos.




Portadas do libro en outros idiomas
Portadas
Texto completo en castelán







2 de abr. de 2013

CINECLUB XIV. Sigue lendo



Hai quen pasa a vida enteira lendo sen conseguir nunca ir mais aló da lectura, quedan pegados á páxina, non entenden que as palabras son so pedras postas atravesando a corrente dun río, se están alí é para que  poidamos chegar á outra beira, a outra beira é o que importa.

José Saramago


1 de abr. de 2013

CINECLUB XIII. Os fantásticos libros voadores do Sr.Morris Lessmore

Curta de animación dirixida por William Joyce e Brandon Oldenburg e producida polos estudios Moonbot en 2011.
Está basada nun libro que relata a historia do Sr. Morris Lessmore, un home que amaba os libros. A historia cóntanos como estes libros cobran vida cando son lidos e como enchen de alegría cada momento da vida.