26 de out. de 2013

23 de out. de 2013

Samaín 2013

Fall girl. Autumn illustration, poster, computer graphics. Stock Photo - 10709189
Recursos de Samaín

Aquí tedes un conto de moito medo.



E aquí unha canción de mais medo aínda.




Unha receita para a merenda de Samaín.


















"Arañas de Samaín"

Ingredientes:

Galletas Oreo
Regaliz

Como se fan:

1º) Abrir as galletas pola mitade.
2º) Cun coitelo de untar, quitar un pouco de crema e reservar
3º) Cortar o regaliz en oito trozos da misma medida para as patas.
4º) Colocar as oito patas e tapar a galleta.
5º) Facer unas boliñas coa crema reservada e colocar unha puintiña de regaliz no medio.

Agora un pouco de decoración

Visita a páxina coas explicacións

22 de out. de 2013

DE NOVO SAMAÍN

  
O "Dia dos mortos" é un evento alegre e colorista en moitos países hispanofalantes. É importante ese día dispor dun disfraz, e en especial una máscara de calavera que se chama "CALACA"



18 de out. de 2013

CLUB PINACOTECA. MARC CHAGALL

Esta vez imos facelo ao revés.
Despois de ler este texto, dibuxaremos o que no suxire e descubriremos a que cadro nos estamos referindo.

"Sobre unha cidade formada por casas sinxelas e humildes, duas figuras voan polo ceo. Sobrevoando a cidade, os namorados voan xuntos nun ceo que lles pertence por completo. Están por riba da cidade.
A man dunha das figuras rodea suavemente o corpo da outra, parecen amantes, quizais fugándose.
A cidade está pintada de cores alegres e está rodeada por un valado de madeira".


"SOBRE A CIDADE", Marc Chagall 1924



Visita a Chagall no museo Tyssen





17 de out. de 2013

CINECLUB XXVII. Leaving home



Unha historia na que un chico inmaduro non quere deixar a casa familiar para emprender unha vida propia por si mismo.

Cres que hai pequenas cousa que ti xa podes facer por ti mismo pero prefires que outros a fagan por ti?

16 de out. de 2013

AS PROBAS DAS FADAS ESCAPADAS


OS NENOS E NENAS DE INFANTIL TERÁN QUE REPETIR UNS TRABALINGUAS SE QUEREN CONSEGUIR AS VARIÑAS DAS FADAS ESCAPADAS. SO ASÍ PODERÁN DESCUBRIR O TESOURO QUE GARDAN.



PASEI POLO RÍO,
POLO RÍO PASEI.
PILLEI CORDÓNS,
CORDÓNS PILLEI.


POR DETRÁS DAQUEL TOXO
VAI UN PITO COXO.
CORRE, PITO COXO,
PITO COXO, CORRE.

R CON R GUITARRA
R CON R BARRIL,
RUEDA QUE RUEDA
LA RUEDA
DEL FERROCARRIL.

EL PERRO DE RAMÓN RAMÍREZ 
NO TIENE RABO,
PORQUE RAMÓN RAMÍREZ
SE LO HA CORTADO. 



15 de out. de 2013

FADAS ESCAPADAS

DO "LIBRO DAS FADAS" DA BIBLIOTECA DO SEÑOR TOMOSKI, ESCAPARON ALGUNHAS FADAS.
PODE QUE ESTES DÍAS VEXADES ALGUNHAS POLO COLEXIO . 
NON QUEREN VOLVER AO LIBRO, DIN QUE SON AS GARDADORAS DO TESOURO QUE APARECEU NA MESA DA ENTRADA.
PARECE SER QUE SO PODEN VELAS OS NENOS E NENAS E QUE OS MAIORES XA NON AS PODEMOS VER.
NO CASO DE QUE VEXADES ALGUNHA, POR FAVOR COMUNICÁDEO NA BIBLIOTECA. GRAZAS.

AQUÍ VAN UN PAR DE IMPRESIÓNS QUE QUEDARON REXISTRADAS NAS CÁMARAS DE SEGURIDADE DO COLEXIO.




14 de out. de 2013

CINECLUB XXVI. Valle Paraíso



Escrito, dirixido e producido por Eduardo Martín, conta a historia de dous irmáns Ánxo e Claudio Ramiro.
A diferencia de carácter entre eles fixo que a incomprensión por parte de Claudio derivase en maltrato físico e psicolóxico.

Estaremos atent@s ás palabras seguintes:
Diferencias, conflictos, obstáculo, distanciamento, compaña, armonía, resignación, pesadelo, fuxida, soidade, temor, compartir, reconciliación, reencontro.

11 de out. de 2013

CLUB PINACOTECA. ANÓNIMO

"BISONTE ERGUEITO" 1.500 a.c.


Esta representación dun bisonte enérxica e realista foi pintada fai 1.500 anos no teito dunha cova en Altamira, Santander.

Quizais nos intrigue saber que función tiña esta fermosa pintura situada nun oco escuro a pouca distancia da entrada dunha cova.

Preguntas motivadoras: 

1. Podería ter unha finalidade máxica?
2. Capturar a imaxe dun bisonte podería ser para os primitivos casi o mismo que capturalo de verdade?
3. Podería ser unha guía sobre como cazar un bisonte?
4. Sería so para decorar as paredes?

Para saber máis sobre Altamira e as pinturas rupestres.

7 de out. de 2013

CINECLUB XXV. Tulkou



Pode un home ter ao mar coma amigo? En que condicións?

Cantas veces o home avanza sobre a natureza sen ter en conta as consecuencias das súas accións.
Este corto invítanos a pensar e reflexionar acerca da crenza dos homes de que poden ser donos das criaturas da natureza.

6 de out. de 2013

Tesouros novos e vellos


Nun principio, todos os tesouros eran dunha soa persoa, pero os tesouros rebeláronse e fuxiron do dono, dispersándose polo mundo.

Pagáronlle a magos para que os encantasen.
Desde aquela, os tesouros están separados entre sí por sete leguas e fan cortes que preside o tesouro mais antigo.
Viven en covas, nos socastros, soterrados baixo outeiros e baixo carballos moi vellos. Sempre no escuro, afastados da vista e da xente do común.
 


Os tesouros xantan, beben, súan, dormen e roncan (ás veces sete anos seguidos), deixan barba, falan, dominan linguas, viaxan, mudan de forma, senten vergoña e medo, e tamém morren.
O encantamento é a gran defensa do tesouro. Pode ser una palabra, ou o seu propio nome o segredo que o protexe e, ao desencantalo, o tesouro queda desprotexido, non vale nada, so o metal ou a cinsa na que se converte.


Os que gardan os tesouros son seres do mundo sobrenatural e non son os donos.Os mais serios neste traballo son os mouros, que gardan os tesouros en sacos atados con mil nós. Outras veces, a gardadora é una vella fea e coxa. Hai gardadores animais, reais ou imaxinarios. Os xigantes, alédanse cando alguén se fai co tesouro a aínda botan una man para axudar a carrexalos. Os ananos tamén gardan e limpan tesouros. E as fadas, que se presentan en forma de moza fiadora, ás veces posuidoras de espellos que rouban o alentó de quen se mira nel. 

Conseguir que nos dean o tesouro depende do noso atrevemento. Hai que estar preparado para contestar as preguntas que nos fagan os mouros, fadas, ananos e os demais gardadores.A figura do tesouro, que case sempre é de ouro é moi variada. Brillan tanto que poden cegar os ollos humanos.As figuras que adoptan poden ser casi infinitas: pedras, moedas, coroas, tixolas, arados, aneis, colares, chaves, espadas, vasos, copas, peites, calquera ferramenta común e ata comida.




O buscador de tesouros ten que ter fe na efectividade do rito, o que lle concede o valor diante da resistencia dos tesouros, que non queren ser atopados.O tesouro hai que querer atopalo, e soñar con el.








 



3 de out. de 2013

CLUB PINACOTECA. PAUL KLEE


"ALEGRÍA DESBORDANTE"
PAUL KLEE. 1939

PAUL KLEE. AUTORRETRATO. 1919

PREGUNTAS MOTIVADORAS:

1. Como che fai sentir este cadro?
2. Encontras algo divertido nesta obra?
3. Parece que algunha das figuras están ao reves, non?
4. Sabes o que é un funambulista?
5. Que che fan lembrar estes trazos? Quizais aos trazos dun neno pequeno?
6. Como son as liñas? E as cores?

1 de out. de 2013

TESOUROS NOVOS E VELLOS

Este curso, o Sr. Tomoski síntese algo misterioso.

Según contan as lendas, nos castros galegos permanecen agochados moreas de tesouros gardados e vixiados de preto por seres extraordinarios: ananos, xigantes, fadas, donas e cabaleiros, espíritus en diferentes formas, encantamentos...

Axúdanos a recuperar  estes tesouros.

CINECLUB XXIV. Legacy



Historia dun home que vive baixo a presión da responsabilidade de seguir coa tradición familiar.