21 de dec. de 2013

FELICES CONTOS

Desde a Biblioteca, as axudantes de Biblioteca deséxanvos Felices contos de Nadal.

Así despide o curso o noso equipo de axudantes, despois dunha maratoniana xornada de contacontos a todo o alumnado de infantil do centro e aos tres cursos de 1º nivel. 
O Sr. Tomoski agradécevos moito a vosa axuda.

19 de dec. de 2013

Como elexir un bo libro infantil

O servicio de orientación á lectura ofrécenos unhas recomendacións para escoller con bo criterio libros que ademais de divertir aos nosos fillos e alumnos, teñan calidade literaria.
Recomendacións do club KIRIKO

Selección de contos populares
"El banco del libro"

OUTROS ENLACES DE INTERES:
mellores álbumes ilustrados 2013
mellores libros primeiros lectores 2013
mellores novelas xuvenis 2013

17 de dec. de 2013

CINECLUB XXXIV. ATENCIÓN AO CLIENTE



Nun futuro frío e hostil unha avoa verase na obriga de salterse as normas para conseguir algo de comer para o seu can.
Veremos personaxes curiosos como vixiantes metalizados, compradores compulsivos e medidas de seguridade que se interporán no camiño da anciá.

13 de dec. de 2013

CAZATESOUROS DE 4º DE INFANTIL.



OS NENOS E NENAS DA CLASE DE CRISTINA POR FIN DESCOBRIRON OUTRO DOS TESOUROS DAS FADAS ESCAPADAS. ESTABA ONDA O PINO DE NADAL DO COLE, MENOS MAL QUE AS FADAS VAN DEIXANDO SEMPRE PURPURINA POR ONDE PASAN.

10 de dec. de 2013

6º DE INFANTIL DESCUBRE O TESOURO DAS FADAS ESCAPADAS.


  1. OS NENOS E NENAS DA CLASE DE RAQUEL ENCONTRAN OUTRO TESOURO AO PÉ DO MISMO PIÑEIRO.
  2. A CÁMARA DE FOTOS ATASCOUSE CON TANTA PURPURINA, PERO TEMOS AS FOTOS DE DESPOIS.










MENTIREIROS DE 1º C



ESTA É A RESPOSTA DOS NENOS E NENAS DE 1ºC ÁS MENTIRAS DAS FADAS ESCAPADAS.

CINECLUB XXXIII. Camanchango



Camanchangos, ou simplemente Changos é como se denomina a unha comunidade primitiva de pescadores seminómadas que habitan desde épocas moi antigas nas costas de Chile.
DedIcábanse á pesca, para o que  construían unhas balsas con coiros de lobo mariño inflado.
Esta é unha pequena historia de amor.


6 de dec. de 2013

CAZADORES DE TEOSUROS DE 5º DE INFANTIL.

POR FIN , DESPOIS DE APRENDER OS TRABALÍNGUAS QUE LLES MANDARON AS FADAS ESCAPADAS, ESTES NENOS E NENAS POIDERON CHEGAR ATA O TESOURO AGOCHADO POLAS FADAS MEDIANTE O MAPA QUE LLES ENVIARON POR CARTA.
AINDA QUEDAN MOITOS MAIS TESOUROS QUE NOS IRÁN DESCUBRINDO SI CONSEGUIMOS PASAR AS PROBAS. ÁNIMO!

3 de dec. de 2013

CINECLUB XXXII. Os atrapasoños



Esta é unha historia que narra a travesía duns amigos na procura da apócema que permite facer realidade os soños.
De paso,esta aventura será decisiva para Poe, que terá que vencer os seus medos polos seus propios medios.

1 de dec. de 2013

MENTIREIROS DE PRIMEIRO A

As fadas do conto seguen escapadas, a semana pasada deixaron unhas mentiras nas aulas de 1º, e descubrimos que gardan un tesouro no noso colexio.
Os nenos e nenas de 1º escribiron tamén algunhas mentiras para gardar no libro e que as fadas volvan a el para lelas. Así, desa maneira lograremos que volvan ao seu conto.
Estas son as mentiras que inventaron os nenos e nenas de 1ºA.