20 de nov. de 2014

BEQUADRO



Como andades a voltas coas notas musicais aquí vos deixamos dende a biblioteca unha historia contada por elas mesmas, lembrade que a música e a lectura fan boa compaña.


O  becuadro () é un signo musical coñecido como alteración que afecta á altura dunha nota...
Se tedes curiosidade por saber máis nunca sobra buscar información.

 

Do re mi

Violíns porque si.

Fa sol la

Violíns porque sa.

Si si do

violíns...

Por que non?


Boa semana da música.

3 de nov. de 2014

A bruxa regañadentes

Para todos os que queiran lembrar os videos do Samaín. Lembrade que contos como este están sempre agardando por vós na nosa biblioteca.

23 de out. de 2014

En Galán xa andamos a voltas co Samaín, aquí tedes a canción de "corre, corre cabaciña" para que vos vaiades poñendo en marcha.

27 de maio de 2014

PALABRA DE CROCODILO.Semana multicultural de Galán.

A semana do 2 ao 6 de Xuño, en Galán celebrarase a semana da multiculturalidade,"PALABRA DE CROCODILO" é un conto popular orixinario de Burkina Faso que seguramente faranos lembrar algún dos nosos contos populares.

CINECLUB XVI. A viaxe de Said. Semana multicultural de Galán.


Miles de persoas africanas poñen en perigo as suas vidas buscando o "soño europeo", deixan familias e fogares porque a vida nas suas cidades non lles ofrece ningunha esperanza de subsistencia.

PARA COMENTAR:

1. Que estará vendo Said na TV?
2. Cres que todo o que sae na TV é certo e está ao noso alcance?
3. Onde cres que marcha o seu pai? Por que marcha e deixa a Said?


22 de maio de 2014

CLUB PINACOTECA. El Greco

"O CABALEIRO DA MAN NO PEITO" 1580

O Greco foi un gran retratista, pintaba aos seus modelos case sempre de medio corpo e sobre fondos neutros. Éste é un dos seus retratos mais coñecidos, trátase dun cabaleiro da época do Renacemento, ricamente vestido,  aseado e con espada.

O ano 2014 celébrase o IV centenario do pasamento do Greco.
Agora, nos, pintaremos un fondo menos neutro.

8 de maio de 2014

TESOUROS NOVOS E VELLOS. AS SERPES

TESOUROS NOVOS E VELLOS. As serpes.

Aquí deixamos os traballos sobre as serpes. 


CLUB PINACOTECA. Henri Matisse.

"A HABITACIÓN VERMELLA" 1908-1909
Un día, unha señora que visitaba ao pintor Matisse no seu estudio, fíxolle o seguinte comentario:
-"Estou convencida de que o brazo desta muller é demasiado longo".
Matisse respondeu cortesmente:
- "Madame, está vostede equivocada, isto non é unha muller, isto é un cadro".

Un cadro non ha de ser idéntico ao mundo que vemos. Pode ser, por exemplo, moito mais decorativo.

TEXTO DE PRESENTACIÓN:
Na "Habitación vermella", recoñecemos unha mesa elegantemente servida e vestida cun mantel vermello. O papel da parede é vermello tamén e está profusamente decorado con flores. Tamén recoñecemos unha cadeira, unha ventá pola que se ve unha paisaxe con árbores, céspede e ao lonxe, unha casa. Unha muller peiteada cun moño, coloca sobre a mesa un foiteiro.



1 de maio de 2014

CINECLUB. "Bibo"



Bibo é un robot solitario que vende xeados todos os días na misma rúa, aos mismos nenos que saen da escola ou que van xogar á rúa... ou iso é o que nos parece.
A última imaxe descúbrenos a realidade de Bibo.
Bibo está completamente só nun mundo destruído e o único que lle queda é a lembranza de anos pasados que foron para el moi felices.

29 de abr. de 2014

UNA CASA A LA MEDIDA

Para conmemorar o día do libro, parte das alumnas do "Voluntariado de lectura-A" animan un conto nas aulas de infantil.


24 de abr. de 2014

CLUB PINACOTECA. Picasso

"CABEZA DE TOURO" 1943

A primeira vista é unha cabeza de touro. As hastas e o fociño.
Iso é o que parece. En realidade son dúas pezas ensambladas que pertencen a un mismo obxecto. De que obxecto estamos falando?
O artista logrou que identifiquemos un touro sen necesidade de retratalo fielmente; buscou un símbolo, algo que nos permite recoñecer ao animal sen ver a súa imaxe completa.

Picasso explicouno desta maneira:

"Un día atopei entre un montón de ferralla un asento vello dunha bicicleta e ao seu carón un guiador oxidado. Inmediatamente as dúas partes asociáronse na miña imaxinación. A idea da cabeza do touro veume á mente sen reflexionar sobre ela. Somente tiven que soldalas"

Retrato de Pablo Picasso
O NOSO OBRADOIRO.



23 de abr. de 2014

DÍA DO LIBRO NO 1º CICLO

O día do libro, o alumnado do Voluntariado de lectura leva a cabo unha actividade cun libro escollido por eles. Preséntano no primeiro ciclo, nas tres aulas nas que tiñan clase coas súas titoras nunha hora cedida polo resto do profesorado implicado.


O libro escollido:
Un conto no que se relatan varias opinións de nenos e nenas coma eles que pensan libremente sobre o seu futuro. Un libro que invita a falar, pensar e decidir sobre a propia vida.

22 de abr. de 2014

A LECTURA QUE NOS DA FORMA

Da Escola Infantil de Barrionovo chéganos esta mensaxe para o día do libro e para o resto dos días.


TOP SECRET... pero non tanto

Estas son as pistas que foron aparecendo na mesa da biblioteca.
O día do libro colocarase a última pista de cada conto.



21 de abr. de 2014

CINECLUB XLII. "Mr. Hublot"



Un home que seguramente padece un transtorno mental rencóntrase a si mismo cando adopta como mascota un can robot.

15 de abr. de 2014

TESOUROS NOVOS E VELLOS. OS XIGANTES

Tesouros novos e vellos. OS XIGANTES.

Aquí deixamos os traballos sobre os xigantes. Hai que devolver as probas dos textos misteriosos no sobre de clase onde foron enviados.



9 de abr. de 2014

CLUB PINACOTECA. Andy Warhol.

"LATAS DE SOPA CAMPBELL" 1962























A arte POP xurdiu a finais dos anos 50 so século XX en Inglaterra.
Caracterízase polo emprego de imaxes populares con obxecto de convertilas en obras de arte.
Ocorre no momento en que os obxectos deixan de ser únicos para producirse en serie.
Desta maneira, a arte faise mais popular e queda aberta a todos os públicos.

Andy Warhol
O NOSO OBRADOIRO. "MARMELOS POP"


7 de abr. de 2014

CINECLUB "French roast"



Un remilgado home de negocios, un camareiro, un policía, unha monxa anciá e un mendigo. Todos no mismo sitio, un café.
Quen non esqueceu a carteira na casa algunha vez?
Aquí encaixa ben un dito popular que tod@s coñecemos. Sabes cal?

Día do libro 2014

O día do libro está aí, á volta das vacacións.
A mesa da biblioteca ofrécevos os enigmas que hai que resolver antes da data do día do liobro.



28 de mar. de 2014

CLUB PINACOTECA. Amadeo Modigliani

Retrato de Soutine . 1915


Autorretrato de Amadeo Modigliani

As obras de Amadeo Modigliani están cargadas de melancolía, trazadas con liñas sinxelas e sen mirada.
As mans case sempre á vista, as cabezas ladeadas sobre pescozos esbeltos.

O noso obradoiro



25 de mar. de 2014

CINECLUB Fallin' Floyd



Esta animación relata  un momento na vida dun home. Traballa como músico ambulante para conseguir os cartos necesarios para casar coa súa amada.
Pero no momento decisivo é rexeitado pola muller, o que o levará por camiños destructivos.
Por sorte, algo do seu pasado ven ao seu recate.

23 de mar. de 2014

POESÍA ITINERANTE

O alumnado de 5º e 6º curso pertencente ao Voluntariado de lectura da biblioteca, ofrecen poemas polas aulas do centro o día internacional da poesía.

21 de mar. de 2014

CLUB PINACOTECA. Agustín Ibarrola


"BOSQUE DE OMA"
















Cerca da localidade de Kortezubi, en Viscaia atópase o bosque pintado "Bosque de Oma", unha obra do pintor e escultor Agustín Ibarrola , realizada pintando nos troncos das árbores, principalmente piñeiros, figuras humanas, xeométricas, e figuras de animais, algunha das cales só se fan visibles desde posicións determinadas, nas que as imaxes de distintos troncos forman unha imaxe conxunta.

Agustín Ibarrola.



18 de mar. de 2014

CINECLUB XL." Monsieur Cok"



O señor Cok é o propietario dunha gran fábrica de bombas que, buscando a eficiencia e a productividade, decide reemplazar aos seus traballadores por robots sofisticados moito mais eficientes e baratos.
Pero isto non contenta aos traballadores. Un deles non aceptará ser substituído tan facilmente.

16 de mar. de 2014

DÍA MUNDIAL DA POESÍA. 21 DE MARZO.

O día 21 de Marzo celébrase en todo o mundo o día da poesía.
Podedes consultar os recursos da pestana da cabeceira do blog.


PARA ESCRIBIR UN VERSO.
Teresa Delgado


Para escribir un verso cierra los ojos,

respira hondo y guarda el aire,
suéltate,
apártate,
deja que, a través de ti, la poesía se escriba a sí misma
y así,
un verso lleva a otro y a otro y a otro...
a veces, hasta te nace un poema.
Recuerda soltar el aire pasado un tiempo prudencial 
y también abrir los ojos,
es fácil quedarse a morir en un verso.

12 de mar. de 2014

CINECLUB XXXIX. "O xigante"


O xigante, móstranos aa fantástica viaxe que significa medrar, porque o xigante representa a todos os pais e nais que a través da súa ollada revelan o mundo aos seus fillos, axudándolles así a construir o seu universo.
Tamén reflicte a dura tarefa de deixar marchar aos fillos cando é o momento axeitado para eles.

7 de mar. de 2014

CLUB PINACOTECA . Irene Brandt

"INVERNO NA ALDEA MORADA"

Irene Brandt é unha artista autodidacta que coa sua arte naïf chea de humor e cor ten ilustrado moitas cartas, postais e calendarios de UNICEF.
Hoxe, as suas obras están en mais de 13 museos internacionais.

Irene Brandt


PREGUNTAS MOTIVADORAS:

1.- Que opinas do debuxo desta artista? Cres que é unha boa debuxante?
2.- Sabes o que significa ser "autodidacta"?
3.- Fíxate nos contornos das figuras, como son?
4.- Que che parece o uso da cor?
5.- As figuras, teñen volume ou son figuras planas?
6.- Hai perspectiva, ou semella que está todo no mismo plano?
7. Se non coñeceses á artista, quen dirías que fixo este cadro?

25 de feb. de 2014

CINECLUB XXXVIII. "Luminaris"



Un conto cheo de fantasía.
Un tipo normal que persegue un soño nun mundo que case non deixa tempo para a creación.

20 de feb. de 2014

CLUB PINACOTECA. PAOLO UCELLO

"SAN JORGE E O DRAGÓN". Entre 1456 e 1460
Que teñen en común todos os contos de princesas e dragóns?
A súa orixe.

A lenda de San Jorge e o dragón.
Un dragón fai un niño na fonte que provee de auga a toda a cidade, en consecuencia, os cidadáns deben apartar da fonte ao dragón todos os días para conseguir auga. Así que ofrecen diariamente un sacrificio,  primeiro animal e despois humano, que se decide ao chou entre os habitantes. Un día resulta seleccionada a filla do rei. Cando está a punto de ser devorada polo dragón, aparece San Jorge que ven dalgunha das súas viaxes, a cabalo, enfróntase ao dragón, matao e salva á princesa.

Paolo Ucello. 1397- 1475

14 de feb. de 2014

O DÍA DE ROSALÍA. 24 DE FEBREIRO


Coma todos os anos celebramos o día de Rosalía o 24 de febreiro.

Lémbrovos que hai recursos nas entradas anteriores:




Un repoludo gaiteiro.

Un repoludo gaiteiro 
de pano sedán vestido, 
como un príncipe cumprido, 
cariñoso e falangueiro, 
entre os mozos o primeiro 
e nas siudades sen par, 
tiña costume en cantar 
aló pola mañanciña, 
con esta miña gaitiña 
ás nenas hei de engañar. 

Con esta miña gaitiña 
ás nenas hei de engañar. 

Sempre pola vila entraba 
con aquel de señorío, 
sempre con poxante brío 
co tambor se acompasaba; 
e se na gaita sopraba 
era tan dóce soprar 
que ben fixera en cantar 
aló pola mañanciña, 
con esta miña gaitiña 
ás nenas hei de engañar. 

Con esta miña gaitiña 
ás nenas hei de engañar. 

Todas por el reloucaban, 
todas por el se morrían, 
se o tiñan cerca sorrían, 
se o tiñan lonxe choraban; 
¡Mal pecado! Non coidaban 
que c’aquel seu frolear 
tiña costume en cantar 
aló pola mañanciña 
con esta miña gaitiña 
ás nenas hei de engañar. 

Con esta miña gaitiña 
ás nenas hei de engañar. 

Camiño da romaría 
debaixo dunha figueira, 
cánta meniña solteira 
¡quérote! lle repetía... 
I el ca gaita respondía 
por a todas emboucar, 
pois ben fixera en cantar 
aló pola mañanciña 
con esta miña gaitiña 
ás nenas hei de engañar. 

Con esta miña gaitiña 
ás nenas hei de engañar. 

¡Nas festas, cánto contento! 
¡Cánta risa nas fiadas! 
Todas, todas namoradas 
déranlle o seu pensamento. 
I el que de amores sedento 
quixo a todas engañar, 
cando as viu dimpois chorar 
cantaba nas mañanciñas: 
Non sexan elas toliñas, 
non veñan ao meu tocar. 

Non sean elas toliñas, 
non veñan ao meu tocar.

6 de feb. de 2014

CLUB PINACOTECA. HENRI MATISSE

A DANZA 1909
"A DANZA" MOMA, NOVA YORK
O cadro "A danza" representa cinco persoas  bailando en círculo coma si dun baile tribal se tratase.

Autorretrato de Henri Matisse.




PREGUNTAS MOTIVADORAS:
1.- Reflexiona sobre estas palabras: liña, cor, luz.
2.- Nunha obra tan grande so utiliza tres cores: vermello, azul ultamar e verde esmeralda.
3.- Cales desas cores dedica aos corpos e a natureza?
4.- Cales desas cores son frías e cales son quentes?

O noso obradoiro.




5 de feb. de 2014

O alumnado colaborador.

O alumnado que participa na actividades de voluntariado-A, traballando no recreo. Non son todos, faltan os que estaban realizando outras tarefas nese momento.


Preparar o panel da entrada da biblioteca.
Levar información ao resto dos compañeiros.
Recoller os traballos que se propoñen, ordenalos e escoller, se é o caso os mais axeitado para publicar no blog.
Rematar o traballo de catalogación dos fondos.
Debatir xunto coa mestra coordinadora as actividades propostas.
Levar a cabo "representacións" que axudan á consecución dos obxectivos.
Elaborar material necesario para as actividades que se propoñen.
Representar contos en determinadas ocasións.
Realizar o préstamo dos fondos ao resto dos compañeiros.

O equipo de dinamización da biblioteca e o Sr. Tomoski agradécenlles a súa dedicación e entusiasmo.