25 de feb. de 2014

CINECLUB XXXVIII. "Luminaris"



Un conto cheo de fantasía.
Un tipo normal que persegue un soño nun mundo que case non deixa tempo para a creación.

20 de feb. de 2014

CLUB PINACOTECA. PAOLO UCELLO

"SAN JORGE E O DRAGÓN". Entre 1456 e 1460
Que teñen en común todos os contos de princesas e dragóns?
A súa orixe.

A lenda de San Jorge e o dragón.
Un dragón fai un niño na fonte que provee de auga a toda a cidade, en consecuencia, os cidadáns deben apartar da fonte ao dragón todos os días para conseguir auga. Así que ofrecen diariamente un sacrificio,  primeiro animal e despois humano, que se decide ao chou entre os habitantes. Un día resulta seleccionada a filla do rei. Cando está a punto de ser devorada polo dragón, aparece San Jorge que ven dalgunha das súas viaxes, a cabalo, enfróntase ao dragón, matao e salva á princesa.

Paolo Ucello. 1397- 1475

14 de feb. de 2014

O DÍA DE ROSALÍA. 24 DE FEBREIRO


Coma todos os anos celebramos o día de Rosalía o 24 de febreiro.

Lémbrovos que hai recursos nas entradas anteriores:




Un repoludo gaiteiro.

Un repoludo gaiteiro 
de pano sedán vestido, 
como un príncipe cumprido, 
cariñoso e falangueiro, 
entre os mozos o primeiro 
e nas siudades sen par, 
tiña costume en cantar 
aló pola mañanciña, 
con esta miña gaitiña 
ás nenas hei de engañar. 

Con esta miña gaitiña 
ás nenas hei de engañar. 

Sempre pola vila entraba 
con aquel de señorío, 
sempre con poxante brío 
co tambor se acompasaba; 
e se na gaita sopraba 
era tan dóce soprar 
que ben fixera en cantar 
aló pola mañanciña, 
con esta miña gaitiña 
ás nenas hei de engañar. 

Con esta miña gaitiña 
ás nenas hei de engañar. 

Todas por el reloucaban, 
todas por el se morrían, 
se o tiñan cerca sorrían, 
se o tiñan lonxe choraban; 
¡Mal pecado! Non coidaban 
que c’aquel seu frolear 
tiña costume en cantar 
aló pola mañanciña 
con esta miña gaitiña 
ás nenas hei de engañar. 

Con esta miña gaitiña 
ás nenas hei de engañar. 

Camiño da romaría 
debaixo dunha figueira, 
cánta meniña solteira 
¡quérote! lle repetía... 
I el ca gaita respondía 
por a todas emboucar, 
pois ben fixera en cantar 
aló pola mañanciña 
con esta miña gaitiña 
ás nenas hei de engañar. 

Con esta miña gaitiña 
ás nenas hei de engañar. 

¡Nas festas, cánto contento! 
¡Cánta risa nas fiadas! 
Todas, todas namoradas 
déranlle o seu pensamento. 
I el que de amores sedento 
quixo a todas engañar, 
cando as viu dimpois chorar 
cantaba nas mañanciñas: 
Non sexan elas toliñas, 
non veñan ao meu tocar. 

Non sean elas toliñas, 
non veñan ao meu tocar.

6 de feb. de 2014

CLUB PINACOTECA. HENRI MATISSE

A DANZA 1909
"A DANZA" MOMA, NOVA YORK
O cadro "A danza" representa cinco persoas  bailando en círculo coma si dun baile tribal se tratase.

Autorretrato de Henri Matisse.




PREGUNTAS MOTIVADORAS:
1.- Reflexiona sobre estas palabras: liña, cor, luz.
2.- Nunha obra tan grande so utiliza tres cores: vermello, azul ultamar e verde esmeralda.
3.- Cales desas cores dedica aos corpos e a natureza?
4.- Cales desas cores son frías e cales son quentes?

O noso obradoiro.




5 de feb. de 2014

O alumnado colaborador.

O alumnado que participa na actividades de voluntariado-A, traballando no recreo. Non son todos, faltan os que estaban realizando outras tarefas nese momento.


Preparar o panel da entrada da biblioteca.
Levar información ao resto dos compañeiros.
Recoller os traballos que se propoñen, ordenalos e escoller, se é o caso os mais axeitado para publicar no blog.
Rematar o traballo de catalogación dos fondos.
Debatir xunto coa mestra coordinadora as actividades propostas.
Levar a cabo "representacións" que axudan á consecución dos obxectivos.
Elaborar material necesario para as actividades que se propoñen.
Representar contos en determinadas ocasións.
Realizar o préstamo dos fondos ao resto dos compañeiros.

O equipo de dinamización da biblioteca e o Sr. Tomoski agradécenlles a súa dedicación e entusiasmo.

4 de feb. de 2014

CINECLUB XXXVI. " Idiots"."Oro Burus"



Esta é a historia dun pequeno rei que cre que pode domeñar ao astro rei, o sol.



Animación realizada cos pequenos robots xaponeses e un simple decorado.

Reflexiona:
1.- Disfrutamos de verdade coas marabillas da tecnoloxía?
2.- Pode ser que alguén se sinta atrapado polas mismas?
3.- Decatácheste de si aparece no video algunha marca coñecida de aparellos electrónicos?