8 de dec. de 2015

Chegou o Nadal

O Apalpador é unha personaxe da tradición popular galega nado no Courel. Está ligado ás festas do Nadal e gústalle compartir connosco estes bonitos días. É un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.
Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai aparecer, coas pólas dos bosques e fragas, os xoguetes que as madeiras agochan. O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos casa por casa e déixalles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira.

Bo Nadal e Feliz Aninovo a tod@s


Disfrutade das vacacións!

22 de nov. de 2015

Celebrando o día da música.



O 22 de novembro celébrase o Día Internacional da Música. Esta data celebra o nacemento de Santa Icía, nomeada no ano 1594 polo Papa Gregorio XIII, como a patroa dos músicos. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), estableceu o 22 de novembro como Día Mundial da Música, coa finalidade de ofrecer un merecido tributo a músicos cuxa contribución artística acompañou o desenvolvemento da civilización occidental a través dos séculos

18 de out. de 2015

Xa estamos de volta

 
 
Como xa sabedes remataron as obras no patio así é que por fin podemos abrir as portas da nosa biblioteca no recreo.
 
 
 
 
O martes agardamos aos nenos e nenas de 5º e 6º que queiran colaborar con nós para anotarse.
AGARDÁMOSVOS.

12 de out. de 2015

Os libros voadores

 
 
 
Fermosa historia sobre o valor dos libros na nosa vida e de como cada un de nós escribe a súa propia historia, o seu propio libro, pero para poder escribir primeiro hai que ler moitos libros, facerse amig@s seus e que formen parte da nosa vida e polo tanto da nosa historia.
Agardámosvos na biblio para que sexades capaces de ler outras historias, fascinantes e emocionantes  que vos axuden a escribir a vosa.

10 de set. de 2015

Xa estamos de volta, hoxe comezou un novo curso, unha nova andaina que percorrer xuntos, dende a Biblioteca querémosvos animar a que fagades a viaxe con nós, cos vosos amigos os libros nos que o entretemento, a diversión e o disfrute son de garantía.
Feliz comezo a todos/as e agardámosvos a partir de outubro na hora do recreo.
Iremos informando sobre as quendas dos préstamos e as normas de uso.


12 de abr. de 2015

Día do libro

O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.

27 de xan. de 2015

CANCIÓNS POLA PAZ


 
 
PERSOAS QUE TRABALLAN POLA PAZ.
 
 
Rigoberta Menchú Tum, nada o 9 de xaneiro de 1959 en Uspantán, El Quiché, é unha líder indíxena guatemalteca e defensora dos dereitos humanos, membro do grupo Quiché-Maya. É embaixadora de Boa Vontade da Unesco e gañadora do Premio Nobel da Paz e do Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional

 
30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ.